castellano |  deutsch |  english |  català |  galego |  français |  Web mapa  
  TURISMOA

Percursos

AIXOLA

Partimos do frontón collendo a pista de cemento que vai cara a abaixo. Aproximadamente a 200 metros atopamos unha encricillada; nós continuaremos cara a abaixo e de seguido chegamos á altura dos caseríos de Lapurdi-Goikoa e Lapurdi-Bekoa.

Aquí atopamos un fermoso regato que nace na ladeira do Intxorta. Continuamos na mesma orientación seguindo o cauce do río e prestando atención ós chíos dos paxaros que se pousan na abundante flora existente. Nesta traxectoria, seguindo sempre o cauce do río, atopamos o caserío de Urbedeinkatu e outro que antigamente foi muíño, hoxe en estado de abandono.

Estamos onda a presa de Aixola que como case todos os encoros é percorrible no seu contorno. Aproximadamente ten un 4200 metros que podemos percorrer en calquera das dúas direccións volvento ó Punto 3. Retornaremos río arriba, polo mesmo camiño, ata Elgeta.

Percorrido total 8 quilómetros.
Tempo 2 horas
Dificultade Media

AZKONABIETA

Saímos de Elgeta en dirección a Eibar, a 1 km. e antes do alto de Karabieta collemos á dereita por unha pista de cemento.

Esta pista condúcenos ós caseríos de Azula e Beizu. Seguindo esta pista entre fragas de piñeiros e con espléndidas vistas ó val de Bergara, divisamos á dereita as serras de Aitzgorri e Aralar.

Neste punto a pista bifúrcase. Collemos a que está á dereita, que nos leva ó cabo de 1300 m.

Collemos a pista de terra que está á esquerda e, superando unha fermosa ladeira chegamos a un outeiro debaixo do monte Azkonabieta.

Xunta unha fraga de Lausirianas (cipreses) collemos por unha pista que está á dereita, cunha fermosa panorámica cara ó Norte (Baixo Deba), de xeito que co ceo limpo, mesmo podemos ver o mar. Se continuamos esta pista, e subimos uns 100 m., bordearemos o monte a través de carreiros que atravesan fermosas fragas de abetos e faias, ata chegarmos ó Punto

Neste punto do percorrido atopamos unha pista de cemento que nos leva ás Antenas. Aquí, cómpre unha pausa para contemplar a fermosa paisaxe, ó Sur: Intxorta, Udalaitz, anboto, Gorbea. Ó Oeste: Egoarbitza, Oiz, etc. Baixamos por esta pista cara ó alto de Karabiteta.

Neste punto atopamos a estrada comarcal que une a Elgeta con Eibar, collemos cara a Elgeta e en pouco máis de 1.5 km., chegamos ó punto de partida.

Percorrido total 7.5 quilómetros.
Tempo 2 horas
Dificultade Media

EGUARBITZA

Saímos de Elgeta pola estrada comarcal que vai a Eibar. Despois de pasar a encrucillada de Larrabil Zearra, nuns poucos metros chegamos.

Este carreiro sobe pola ladeira do monte, divisando o val de Bergara e os montes Irimo, serra Aralar ó fondo, serra de Aitzgorri, etc. Chegamos a Lepasolo.

Continuamos polo carreiro e entre piñeiros e mais alerces chegamos.

Neste punto cruzamos pola estrada que remata no barrio de Egotxeaga e collemos outro carreiro que, segundo subimos, pasa por un secadoiro de madeira (arestora convertido en alpendre). Poucos metros máis adiante e á nosa esquerda atopamos un sementeiro de piñeiros, abetos, castiñeiros, carballos, etc. Deixándoos atrás e subindo un pequeno outeiro chegamos á base de Eguarbitza.

Aquí e nas abas desta rocha calcárea con forma de quilla de barco atopamos un antigo alpendre de ovellas (arestora convertido en sociedade) e ó seu carón hai una pequena campiña na que poderemos descansar un anaco. Se queremos subir ó cumio do monte, colleremos o carreiro que vai pola parte norte e que sae de detrás do alpendre, ó lado dereito. Cun pouco de precaución e calzado axeitado chegamos ó cumio nuns dez ou quince minutos. Desde aquí o panorama é espléndido e ollando en calquera orientación apreciaremos os montes máis emblemáticos da nosa bisbarra, e mesmo, se o tempo acompaña, divisaremos o mar. Desde este punto, descenderemos pola ladeira sur ata chegar ó alpendre. Continuamos descendendo ata chegar ó Punto 4. Nesta encrucillada podemos ou ben coller a estrada asfaltada que nos leva pola esquerda a Elgeta ou ben chegar ata o Punto 3. Neste punto e collendo a pista que vai cara á dereita en menos de 15 minutos chegamos á barriada de Larrabil-Zearra.

Este barrio conta cuns caseríos ben coidados e restaurados recentemente. Desde este lugar á vila hai un lixeiro paseo e nuns 10 minutos chegamos á Praza ou o punto de partida.

Percorrido total 7.5 quilómetros
Tempo 2 horas
Dificultade Media

ASENTZIO

Saímos de Elgeta e collemos a estrada que nos leva cara a Arrasate, á nosa esquerda imos vendo o val de Bergara e os montes dos arrebaldes de Gorla e Elosu. Se o percorrido é pola montaña e o tempo acompaña, na primavera e no verán o val de Bergara vese todo cuberto pola néboa, semellando un grande lago. A 1 km. atopamos unha encrucillada.

Deixamos a estrada de Arrasate e a poucos metros collemos outra encrucillada.

Aquí temos que coller a estrada que vai cara á esquerda e a uns 150 m. chegamos ó parque de asentzio.

O parque ten grellas, mesas, fonte, un mini-parque infantil con xogos para os cativos e, como non, cunha ermida da que recibe o nome o parque Asentzu. Iso no referente á infraestructura artificial porque en canto á natural, podemos observar e abraiarnos con faias frondosas, unha lagoa na que se pode pescar e un entorno paradisíaco (Udalaitz, anboto, etc.). O regreso podémolo facer por onde viñemos ou senón por outra rota. Saíndo do mesmo parque e collendo unha pista cara ó val de Bergara a uns 250 m. atopamos o caserío de Udaixa.

Moi perto deste punto e entre as sombras de adustos piñeiros, percorridos aproximadamente 300 m. chegamos ó caserío de Olatza. Ós 500 m. atopamos cunha encrucillada que nos leva á estrada comarcal que une Elgeta con Arrasate.

Á dereita vemos xa o punto de partida de Elgeta.

Percorrido total 4 quilómetros
Tempo 1 hora
Dificultade Ningunha

INTXORTA

Saímos de Elgeta en dirección a Arrasate. Xusto ó final da rúa do Salvador deixamos a estrada asfaltada e collemos a pista de cemento que ascende cara a ermita do Salvador, restaurada na súa totalidade. O lenzo do altar perdeuse por completo. Un pouco antes desta ermida collemos pola dereita un camiño de cemento que leva ó caserío de Antzuategi e ó depósito de auga.

Neste punto remata a pista de cemento e continuamos por un carreiro que transcorre pola parte inferior dunha pequena fraga de faias e cruzamos un regacho. Seguimos polo medio dunha fraga de coníferas ó longo de aproximadamente 1 km., ascendendo paseniñamente pola ladeira norte do monte, ata chegar a unha camposa.

Desde este punto podemos contemplar unhas fermosas vistas panorámicas de Elorrio, Udalaitz, anboto, Duranguesado, etc. Aquí temos que subir a ladeira oeste que é bastante elevada e nuns 10-15 minutos chegamos ó cumio do monte Intxorta, co seu famoso catavento. Desde o cumio baixamos pola ladeira este cara a Intxorta-Txiki. Neste emblemático monte e no de Intxorta perderon a vida moitos gudaris xa que na Guerra Civil a fronte aguantou ó longo de 6 meses os intensos ataques da aviación inimiga. Aquí temos que coller un carreiro que nos levará ata a encrucillada dunha estrada asfaltada.

Neste punto temos a opción de voltar a Elgeta ou de visitar o parque se asentzio que se atopa a poucos metros.

Percorrido total 5 quilómetros
Tempo 2 horas
Dificultade Media


Elgeta.org © Elgetako Udala
Mendizaleen enparantza 1, 20690 Elgeta (Gipuzkoa)
Tel.: 943 76 80 22 ·
kultura@elgeta.net

Goienak garatutako eta kudeatutako webgunea Code & Syntax-en Udalerria Web Plataforma erabiliz. 2002.

TESTU HUTSEZKO BERTSIOA | es de en ca gl fr