castellano |  deutsch |  english |  català |  galego |  français |  Web mapa  
  TURISMOA

História

Existen testemuñas arqueolóxicas na zona de Elgeta, que podemos situalas no Neolítico e Eneolítico, pero o verdadeiro comenzo da vila remóntase ó século XIV despois de Xesús Cristo.

O 13 de setembro de 1335, Afonso XI de Castela, estende en Valladolid Carta Pobra pola que se fundaba a vila de Elgeta nos campos da Maia, concedéndolle o foro de Vitoria, xunto cunha serie de privilexios que, unicamente, ían gozar aqueles moradores que viñesen a poboar a vila de Elgeta.

Ó comenzo, os poboadores da Vila atopábanse con algunhas dificultades na aplicación da Carta Pobra e o 20 de agosto de 1338 El-Rei Afonso XI viuse na obriga de dispor en Guadalaxara outro documento que detallaba as pertenzas da vila, quedando estas comprendidas dentro dos seguintes lindeiros: Larrasole, Sel de Asurtza, Auga de Arreta, Linde de Arrolaraz, Linde de Idoizarraga, Egoarribia de Iuso, Sel de Ansola, río Ego cara a arriba deica Berengárate, Ganeremendía e Auga Epela (Epelerreka).

O devandito documento, ordenada ó Oficial Maior de Guipúscoa, Ladrón de Guevara, a deslindar os marcos da vila, para que así os seus moradores as puidesen poboar, manter os gandos, labrar as terras, etc.

Un ano máis tarde, o 26 de agosto de 1339, o Alcalde de Elgeta, Juan García de Galarraga, logrou cumprimentar este documento ante o Escribán Público de Mondragón, Juan Ibáñez. A pesar disto, aínda houbo quen se opuxo a esta demarcación e será El-Rei Henrique II, quen nas Cortes de Toro do 15 de setembro de 1371 libre unha Real Cédula, mandando a todos os habitantes da xurisdicción respectar a devandita demarcación.

O 16 de xuño de 1348, o barrio de Oxirondo, próximo a Bergara, decidiu separarse de Elgeta e unirse á vila de Bergara.

Elgeta participou activamente nas loitas bandeirizas. Os señores de Elgeta, parentes maiores do bando Gamboino, participaron coas súas hostes en incursións polas inmediacións, principalmente fronte ós concellos próximos ó seu territorio, que defendían ó bando Oñacino.

En 1446, o señor e parente maior de Elgeta, García de Elgeta, morreu nunha destas refeigas. Dous anos máis tarde, o 23 de xuño de 1948, produciuse o acontecemento máis sanguinario entre ambos os bandos (a queima de Mondragón). Foron moitos os elgetarras que participaron neste episodio bélico. Daquela, en Mondragón, eran dúas as familias que se disputaban o mando da vila; uns contaban co apoio dos Gamboianos e os outros co respaldo dos Oñacinos. O 23 de xuño de 1948, os Gamboianos, que non podían dobregar ós Oñacinos, optaron pola queima da vila. Os resultados foron inimaxinables sendo moitísimo o sangue derramado.

Como consecuencia desta queima, en 1456, El-Rei mandou derribar as casas torres dos parentes maiores, que foron desterrados.

En 1476, os elgetarras loitaron xunta El-Rei Fernando O Católico fronte a Luís XI de Francia, que invadira Guipúscoa e que se unira a Portugal, que estaba en guerra con España.

A fins do século XV, Elegía mantivo con Gibar un importante preito sobre unha cuestión de lindeiros de terras. Anos máis tarde, debateron o posto que os seus representantes debían de ocupar nas xuntas provinciais e a orde de emisión do voto, resolvendo que Gibar se colosase á esquerda do correxedor e Elegía á dereita, votando en primeiro lugar o representante embarrés.

A guerra das convencionais (1793-1795), tocoulles moi de preto. As consecuencias desta guerra para Elegía fixéronse notar, sobre todo economicamente, véndose na obriga de sufragar os gastos da guerra coa venda de terras comunais.

Ente 1808-1814, Elegía participou activamente na guerra da Independencia contra Francia, véndose na obriga de hipotecar a prata da igrexa e de vender parte dos seus ben comunais para custear os gastos da guerra.

As guerras carlistas ó longo do século XIX afondaron aínda máis a crise financieira da vila. Se na primeira guerra carlista Elgeta vira a derradeira arenga de Don Carlos antes da súa partida cara a Francia, na segunda, foi testemuña da derradeira tentativa de resistencia ás tropas Afonsinas entre o monte Intxorta e a ermida de Santo Estevo.

No ano 1927, prodúcese a separación dos barrios de Ubera e Anguiozar, que pasar a formar parte da vila de Bergara.

O 18 de maio de 1924, ten lugar en Elgeta un importante acontecemento, a fundación da Federación Vasco Navarra de Alpinismo, nomeando presidente a D. Antxón Bandrés. Desde entón Elgeta queda fortemente vinculada á historia do montañismo vasco.

A Guerra Civil do ano 1936 causou efectos devastadores na vila, posto que a fronte da guerra mantívose encorada nos seus montes ó longo de sete meses. Como consecuencia, a inmensa maioría dos edificios foron destruídos pola aviación e polos arteiros do exército nacional, sendo numerosas as baixas ocasionadas.

Os anos posteriores á guerra foron anos difíciles no eido económico e industrial pero, sen embargo, paseniñamente e gracias ó espírito emprendedor dos seus habitantes, Elgeta soubo superar estes duros anos. Na década dos 40 a actividade industrial experimentou un importante crecemento, avance que hoxe en día segue vixente, non só no sector industrial, senón tamén no social e urbanístico.


Elgeta.org © Elgetako Udala
Mendizaleen enparantza 1, 20690 Elgeta (Gipuzkoa)
Tel.: 943 76 80 22 ·
kultura@elgeta.net

Goienak garatutako eta kudeatutako webgunea Code & Syntax-en Udalerria Web Plataforma erabiliz. 2002.

TESTU HUTSEZKO BERTSIOA | es de en ca gl fr