Turismo en galego
É o terceiro concello máis alto de Guipúscoa, na encrucillada entre Bergara, Arrasate, Eibar e o biscaíno Elorrio, ofrece un panorama con vistas ós vales do Alto e Baixo Deba e ás montañas de Udalaitz, anboto e outras do Duranguesado, non foi causal que se fundara en Elgeta a Federación Vasco Navarra de Montañismo. Elgeta é un lugar privilexiado sobre todo para os amantes da natureza, de xeito que os que se dirixan ó parque de asentzio atoparán un pequeno lago natural, bordeado de faias, unha ermida moi antiga e sen ningunha dúbida unha panorámica envexable.
Esta paraxe de asentzio xunto co pantano de Aixola e o outeiro de Eguarbitza poden ser o complemento lúdico do percorrido polo casco histórico da vila. Os amantes da bicicleta de montaña (mountain-bike) atopan en Elgeta numerosas oportunidades para gozar nas súas incursións. En canto á oferta gastronómica, a vila ofrece copiosas oportunidades para deleitarse coa boa mesa.